¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Más info - Cerrar
icono-movil
CLUB CCA OURENSE CENTRO
Atención al cliente
988 601 297

Política de Privacidad

Responsable do tratamento.

Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais do Centro Comercial Aberto Ourense  con CIF G-32323867 é o responsable do tratamento dos datos de carácter persoal que vostede facilite nesta ficha, pode pórse en contacto co mesmo no Parque San Lázaro Nº12-5ª planta, 32003 Ourense e no e-mail: info@ourensecca.com

Fin do tratamento e base xurídica

A finalidade do tratamento dos datos é expedir unha tarxeta nominativa co fin de ofertar descontos nas súas compras e realizar sorteos para premiar a súa fidelidade. O seu nome será publicado na páxina web do CCA+ se resulta ser o/a gañador/a dos sorteos que se realicen.

• Reglamento 2016/679, de 27 de abril e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro

Destinatarios dos datos.

Os seus datos non serán cedidos a outras entidades nin organismos.

Prazo de conservación.

Os datos se conservarán mentres se manteña a prestación do servizo e posteriormente, para dar resposta a posibles esixencias de responsabilidade derivada do servizo e para dar cumprimento as obrigas que establezan as leis e normativas.

Dereitos do interesado.

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se a Asociación está a tratar datos persoais que o concirnan.

As persoas interesadas teñen dereito a acceder a os seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fines para os que foron recollidos.

En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en tal caso, soamente conservaranse para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

En determinadas circunstancias e por motivos relacionados con a súa situación particular, os interesados poderán oporse ó tratamento dos seus datos.

En caso de que proceda, a Asociación deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos como o cumprimento das funcións ou obrigacións legalmente establecidas, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións

O tratamento está baseado no consentimento do interesado, este ten o dereito a retirar o consentimento en calquera momento.

No caso de que o interesado estime que non se está a facer un tratamento adecuado dos seus datos, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es). Ou ben enviar unha consulta a dpo@legalforma.com

Necesidade de facilitar a información

Os datos solicitados para a tramitación da solicitude resultan necesarios para a comprobación do cumprimento polo solicitante dos requisitos establecidos e a correcta prestación do servizo, se o solicitante non facilita estes datos podería ver rexeitada a súa solicitude.